jueves, 22 de mayo de 2014

O galo traganoces

Un día, o galo e a galiña saíron da granxa dispostos a coñecer mundo. Corricaron por aquí e petiscaron por alá ata que tropezaron cunha nogueira grande e frondosa. Como o galo devecía polas noces, comeu tantas e tan á présa que se lle atrancaron na gorxa.

Deste xeito, comeza o periplo desesperado da galiña para salvar o seu querido amigo comellón. Nesta empresa veranse implicados unha granxeira, un zapateiro, unha ovella, un ferreiro e ata un carballo!

Todos eles non dubidan en prestar a súa axuda. Rápidos colaboran nun traballo en equipo onde, a pesar das dificultades encadeadas, acaba triunfando a boa vontade e a solidariedade.


Roberto Mezquita crea unha nova versión deste conto acumulativo estendido por toda Europa, coñecido como O pitiño da abeleira. Esta revisitación mantén intacto o texto encadeado na exposición da trama e desenlace. De igual xeito, conserva a estrutura repetitiva, propia dos contos da tradición oral que facilita que poida ser recordado e contado sen dificultades:

 
—  O galo papou noces a fartar e agora o pobre afoga por lambón. Axiña!, se o queremos axudar, un grolo de auga é a solución.
 

Grazas a este conto da biblioteca de aula, puidemos falar de algo tan importante na vida como é a amizade e o que supoñen os amigos na vida de un. Falamos moito sobre eles e responderon a unha pregunta:

CANDO SON BOS OS AMIGOS CONTIGO, 
DO MESMO XEITO QUE A GALIÑA FOI BOA CO GALO?

Clicade na imaxe da portada do conto para comprobar o que valoran as xirafiñas os seus amigos!

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario