viernes, 20 de junio de 2014

Momento de despedidas

Os últimos días de curso sempre son días cheos de emocións e, a pesares de que todos ansiamos as vacacións, e de tristura en certo medo. E este curso aínda está máis cargado de tristura e de sensacións e de recordos porque nos abandona unha das xirafiñas, Alejandro, que marcha para outro cole.

Quixemos entregarlle un agasallo para que non nos esqueza na súa andaina no novo colexio, recordando unha das moitas aventuras e risotadas que botamos ao longo destes dous cursos académicos. Parece que foi onte cando empezaba no CEIP O Coto o seu período de adaptación.



Pero Alejandro tamén quixo deixarnos un recordo seu e trouxo para todos Lacasitos, que nos encantan!



















E como non todo van ser cousas materiais, démoslle a Alejandro un dos nosos abrazos colectivos que de seguro non esquecerá.

Que teñas boa sorte no teu novo colexio e non nos esquezas!!




Aniversario de Brais

 

Remata o curso, e iso significa que as xirafiñas van crecendo e crecendo e todas e cada unha delas van cumprindo os 5 anos. Dá gusto velos crecer e medrar tanto por fóra coma por dentro...

O mércores celebramos o último aniversario deste curso 2013 /14. Foi o turno de Brais que quixo compartir cos seus compañeiros e coa súa mestra este día tan especial cunha torta ben orixinal cargada de superheroes.


O primeiro que fixemos foi o debuxo para que Brais garde un recordo deste día de festa:


E despois, disfrutar da torta de Brais!!!




















Por suposto, a pesares da tristeza que supón que non haxa Spiderman para todos, o prato principal da torta foi para o cumpleañero. Púxose moi contento!


Parabéns, Brais!

E que cumpras moitos máis xunto a todos nós!

Saída a Covas


Esta última semana de cole foi unha semana chea de emocións empezando o martes cunha pequena xornada de mañá na área recreativa de Covas, na que xogamos ao aire libre (que boa falta facía despois deste duro inverno!!!) e merendamos.



















Este curso, ademais, acompañounos o bo tempo!!! Por algo levabamos semanas animando a Lourenzo a saír!!! Recordades a nosa porta dándolle a benvida ao sol?






lunes, 9 de junio de 2014

Avaliación do encontro co IES Xulián Magariños

E como non, á volta do encontro co IES Xulián Magariños fixemos unha avaliación da xornada e estes foron os resultados:






Ademais, fixeron un debuxo co momento da mañá que máis lles gustou, o momento en que mellor o pasaron...
 

domingo, 8 de junio de 2014

Celebración do Día do Medio Ambiente no IES Xulián Magariños


Así comezou a nosa celebración do Día do Medio Ambiente, que compartimos coas alumnas e cos alumnos do IES Xulián Magariños: colocamos unhas landras de GOMA EVA na espalda a modo de dorsal para repartírmonos en equipos xunto coas outras clases de 5º de Educación Infantil. Como podedes ver, os equipos tiñan cores diferentes para poder diferenciarnos uns dos outros e participar, deste xeito, nos distintos obradoiros e actividades organizadas polos alumnos do instituto.



Unha vez que todos estabamos identificados, abandonamos o recinto escolar pola porta do transporte escolar e só tivemos que cruzar a rúa para chegar ao noso destino: o instuto e o noso colexio están un enfrente do outro. Unha vez que chegamos, recibiunos Begoña, a orentadora do instituto, que foi a que argallou toda esta serie de encontros entre grandes e pequenos.


Unha vez que nos identificaron por cores, para compartir as actividades cos pitiños e cos golfiños, empezou a aventura. Os obradoiros tiñan lugar en espazos ben diferenciados:

























































Despois de tanto traballo, tocou merendar... E á merenda nos invitaron tamén os do instituto. Merendamos no ximnasio, onde se desenvolveu o obradoiro de xogos populares. Ollade estes vídeos tamén para vernos en acción:


Despois saímos ao exterior e comezou o ritual da cápsula do tempo: metemos os nosos nomes nunha botella de plástico e enterrámola no xardín do instituto. Teremos que desenterrala dentro de 7 anos, cando cheguemos a estudar a educación secundaria ao IES Xulián Magariños.


E o ritual que nos ensinaron consistía, primeiro en soprar os molinillos e logo a bailar. E chegou o monento esperado, o de plantar os carballos que creceron das landras.


E, por último, a entrega de diplomas por participáremos neste encontro.


E así transcurriu a nosa mañá, voando, como pasa sempre que se está en boa compaña.

Moitas grazas, unha vez máis, a todos os que fixestes posible este encontro.