domingo, 4 de mayo de 2014

Feliz Día da nai!!!

Supoñemos que a estas horas da mañá xa non aguantades máis e xa tedes aberto o pequeno agasallo que vos levaron os vosos fillos o pasado mércores desde o cole...


Xa sabemos que foron moitos días de espera pero esperamos que pagara a pena!!

Porque por outra banda, as xirafiñas levaban xa varios días argallando o traballo, coa dificultade de traballar sen visulaizar moi ben o que de aquela pasta de modelar ía saír.


E despois de modelar e modelar para endurecer a pasta, tiveron que aplastar (uns cos rodillos e outros coas mans) a bóla para poder insertar o molde con forma de bolboreta e sacar a pasta que sobraba.




 E o resultado final é o que no día de hoxe tedes nas vosas mans...

Esperamos que vos guste e que o disfrutedes por moitos anos!!!

Feliz Día da Nai!!!

1 comentario: