lunes, 31 de marzo de 2014

Seguimos traballando os oficios

Como ben sabedes, este mes de marzo está adicado ao centro de interese dos oficios e por mor disto seguimos disfrutando das visitas das familias.

A semana pasada foi moi produtivo neste tema, xa que contamos con varias persoas que nos falaron do qué facían, cómo o facían e con qué o facían. Así, o pasado mércores recibimos a visita de Silvia, a mamá de Ainara, que é auxiliar de enfermaría. Púxonos ao día dos instrumentos médicos (algúns deles!!!) cos que diariamente traballa.

  

Tamén contamos coa visita dunha fotógrafa profesional: Natalia, a nai de Mario.  A profesión de Natalia non saíu da nada, ela herdou a paixón pola fotografía e forma parte da 3ª xeración familiar de fotógrafos, polo que a colección de cámaras fotográficas que presentou ten dobre valor: ademais do valor histórico e artístico , está vencellada ao valor sentimental de toda unha vida dedicada e ligada á fotografía. 


Ese mesmo día recibimos a visita da nai de inés Hombre, que traballa nunha escola de educación infantil como educadora. Xurdiron un montón de diferenzas entre o que se fai nunha escola infantil e o que fan as profes do "cole de maiores"; pero hai que dicir que xurdiron moitas máis coincidencias: contan contos, fan traballiños na mesa, cantan cancións,...

Pero as visitas aínda non remataron por esta semana, e o venres, a modo de peche de unidade, veunes ver Fran, o pai de Alicia que é garda civil de tráfico. Fran non veu só, senón que veu acompañado por dous compañeiros seus, e ademais trouxeron ao cole un coche do radar e un nissan Patrol. En ambos os dous vehículos as xirafiñas tiveron a oportunidade de subir e premer todos os botóns das bucinas e das luces.


Non queriamos rematar esta unidade sen que as xirafiñas coñeceran os oficios do cole, e pedímoslle axuda ao Señor José, o conserxe para que lles explicara aos cativos en qué consiste o seu traballo. 

  

Podemos dar por rematada este centro de interese, pero non sen antes agradecer de todo corazón a participación de todos os que viñestes por aquí, que nos adicastes o voso tempo, e a todos os que sabemos que teriades vido (porque tiñades moitas ganas!!!) pero que os horarios laborais non volo permitiu.

Grazas!!!


lunes, 24 de marzo de 2014

Obradoiro de reciclaxe

O pasado xoves 20 de marzo a aula das xirafiñas participamos nunha serie de actividades de dinamización organizadas polo Obradoiro de Emprego Xallas-Barcala-Dubra II, dependente do Concello de Val do Dubra.

Estas actividades estaban encamiñadas á concienciación entre os máis pequenos sobre a reciclaxe, a importancia da auga, e á importancia dos materiais de refugallo na vida nova de obxectos. 

A xornada comezou cun conto na zona de asemblea:

Seguiron outra serie de actividades adicadas á reciclaxe, repasando as cores dos distintos colectores e o que debemos botar dentro de cada un deles:


 E ata confeccionaron cun vaso de iogur e un tapón un xoguete divertidísimo, no que algunha das xirafiñas se volveron expertas:


Ollade estes vídeos e comprobaredes o ben que controlaban o xoguete novo as xirafiñas, que algunha encestou á primeira:

 

Mes dos oficios

Durante o mes de marzo as xirafiñas están a traballar o centro de interese dos oficios, e para profundar neste tema invitamos ás familias para que nos contaran no cole en qué consisten os seus traballos.

Deste xeito, e todo ao longo da semana pasada, estivemos recibindo visitas das mamás e dos papás das xirafiñas, que viñan cargados con algunhas das ferramentas que utilizan no día a día nos seus traballos.

Así, Mónica, a nai de Brais que é costureira ensinounos cómo funciona unha máquina de coser e fixo prendas de roupa pequeniñas para a nosa amiga a xoaniña Juanita:

 

Pero tamén recibimos a visita dun carpinteiro, Manuel, o pai de Ainara, que trouxo un montón de ferramentas pero que quedou con ganas de traer máis. Non puido ser porque nos explicou que algunhas son perigosas para andar con elas persoas que non son da profesión:


Aínda queda máis, porque os pitiños da clase do lado convidáronnos a escoitar o que nos tiña que dicir Analí, a mamá de Iker, que é arquitecta.

  

Estade atentos que aínda quedan moitas máis sorpresas...

De todos os xeitos, nós xa nos imos facendo unha composición de lugar de en qué consiste isto das profesións e falamos do que queremos ser de maiores. 

Botade unha ollada clicando no título inferior!!!

jueves, 13 de marzo de 2014

O segredo do esquío

No día de hoxe tivemos unha visita moi especial: as alumnas e os alumnos de 3º da ESO do Ies Xulián Magariños achegáronse pola nosa aula para continuar co proxecto de colaboración entre ambos centros para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente o vindeiro 5 de xuño.

As alumnas e os alumnos do instituto empezaron as súas actividades contando un conto titulado O segredo do esquío, onde este animaliño do bosque plantaba unha castaña pero quería gardarlle o segredo ao resto dos animaliños que se achegaban a el para preguntarlle qué agochaba. Pero o esquío non foi capaz de tapar moito tempo o seu segredo, xa que o castiñeiro creceu e creceu ata converterse nunha árbore enorme.
  














O seguinte paso foi converter ás xirafiñas en esquíos, pero só por un día, e plantar nós, nesta ocasión, unha landra nunha botella.

A ver se crece!!!

Esperaremos impacientes...



















Desde aquí queremos agradecer a Begoña, Pedro e Susana, os profesores que acompañaban ás alumnas e aos alumnos do instituto, por compartir con nós esta experiencia.

martes, 11 de marzo de 2014

Pero qué ganas tiñamos!!!

Pero que ganas tiñamos de que nos visitara o sol!!!

Despois de setenta e cinco días de choiva, por fin apareceu o sol e podemos saír ao patio a disfrutar del e do areeiro. Cámbianos a cara, estamos máis tranquilos, respiramos aire puro e xogamos cos xoguetes do cole: as pas, os cubos, as carretillas, entre outras cousas. Así claro que o  patio non nos chega a nada!!!

Mirade as cariñas das xirafiñas e valorade se o están pasando ben ou non...

Como alegra este sol, que nos dá vida e luz, e calor!!!

Só nos queda esperar que este tempo marabillosos dure uns pouquiños días máis... 

Que a primavera está cerquiña!!!










domingo, 9 de marzo de 2014

Equaland, os seus protagonistas

Cando chegamos ao cole despois da saída ao Auditorio do Concello de Negreira, lembramos a historia de conto, de qué trataba, qén eran os seus protagonistas, qué pretendían coa súa viaxe, entre outras cousas. 

Estes son os debuxos que fixeron as xirafiñas para deixar constancia gráfica da súa saída ao contacontos. Clicade enriba da imaxe para ver os debuxos que fixeron.

Equaland, os seus protagonistas 
 

sábado, 8 de marzo de 2014

Equaland, celebración do Día Internacional da Muller Traballadora

Hoxe, 8 de marzo, celébrase o Día Internacional da Muller Traballadora e por mor da celebración deste día, o Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Negreira invitou ás alumnas e aos alumnos de Educación Infantil do CEIP O Coto a ver un contacontos titulado Equaland, da man do grupo de contacontos SENES.

En torno ás 10:00 horas da mañá de onte dirixímonos camiñando ao Auditorio do concello, saudando, en moitas ocasións, ás nosas familias que nos esperaban polas rúas.


 
Unha vez que chegamos ao auditorio tivemos que esperar a que todo estivera preparado, e moi formales sentamos no chan xunto aos nosos compañeiros.




E unha vez no interior do edificio estivemos moi atentos ao conto, onde un grupo de amigas e amigos se dirixen a Equaland, un mundo onde existen a igualdade de oportunidades e a pluralidade.

Feliz Día a todas as mulleres traballadoras!!!





sábado, 1 de marzo de 2014

E ti, de que vas disfrazado?

E o venres, tal e como nos indicou o Meco, o disfraz era libre polo que as xirafiñas puideron ir ao colexio cos disfraces que elexiron. 

Había de todo!!!

Mirade, mirade!!!








Resultado final...

O Meco foinos dando unhas consignas ou mandadiños ao longo de toda a semana.

O LUNS ESTE ANO
TRAERÁS UN PANO.

UN PARCHE TRAERÁS O MARTES,
E PORALO ATA QUE TE FARTES.

O MÉRCORES CON TODO O LOTE,
PARCHE, PANO E BIGOTE.

O XOVES TRAERÁS UN SOMBREIRO DE PIRATA
SE NON QUERES METER A PATA.


E este foi o resultado final!!!