lunes, 29 de septiembre de 2014

O achado de Hugo

O pasado venres case non nos dá tempo a vivir todas as experiencias que estaban programadas e outras que xurdiron...

Neste post queremos compartir algo que xurdiu na aula: Hugo achou nun campo que está enfrente da súa casa dous trevos de catro follas. E sabedes o que iso significa, verdade? Pois que vai ter moita moita boa sorte! 

Contounos con todo luxo de detalles cómo foi o seu achado, e cómo Vanesa a súa nai lle pegou os trevos na súa libreta do cole para que lle traian boa sorte. 


Na seguinte fotografía aparece Hugo contando aos seus compañeiros cómo atopou os trevos e cál é o seu significado.

Raúl ensínanos unhas maracas de Cuba

Dá moito gusto cando as xirafiñas veñen con ganas de falar e contar cousas. Nesta ocasión, Raúl contou que o seu pai Raúl estaba de viaxe en Cuba pero que xa chegaba pronto. E cal non foi a nosa sorpresa cando ao día seguinte contou que o seu pai xa chegara, que a viaxe ben e que lle trouxera nin máis nin menos que unhas maracas.

Ecomo non podía ser doutra maneira, pedímoslle que as trouxera á aula, de ser posible e se os seus pais lle daban permiso, porque ese fora un regalazo: non todo o mundo ten unhas maracas de Cuba!

E así foi como Raúl nos mostrou as súas maracas, e nolas deixou tocar, e ulir, e axitar, e el foi o encargado de tocarnos unha peza musical. Pero non sabía moi ben cómo e acompañámolo todos nós! Ollade o resultado:

Cómo cambian os intereses dos nenos

Se botamos a vista atrás, non fai tanto tempo que rematou o curso pasado e comezou este novo Curso 2014/15. De feito só teñen pasado uns escasos dous meses e medio. 

Pero se observamos o día a día, e reflexionamos sobre os ritmos de maduración e sobre cómo cambian dun día para outro (ás veces sen darnos a penas de conta), podemos advertir grandes avances no seu proceso de aprendizaxe.

Estes días, por exemplo, vimos comprobando o anterior no xeito en que cambiaron os seus intereses nos xogos. Xogos e xoguetes que levaban en caixas dous cursos e que poucas veces chamaran a súa atención, e que por arte de maxia estes primeiros días a reclaman.























Xogos, ademais, que os "obriga" a axudarse e a cooperar na construción de edificios e aparellos a motor:


Pero hai xogos que seguen trunfando nos recunchos curso tras curso, xogos polos que as xirafiñas non perden o seu interese: o recuncho da cociña, o da plástica, o da pizarra, e o clásico da plastilina.

Parabéns, Akane!

A primeira celebración deste Curso 2014/15 foi o aniversario de Akane, que quixo compartir con todos os seus compañeiros a torta do seu 5º ano de vida.
 
















Logo de comer este rico biscoito caseiro, sacamos unha foto coa homenaxeada para ter de recordo e cantámoslle o "Cumpleaños Feliz!!!".

Parabéns, Akane!

E que cumpras moitos máis!


sábado, 27 de septiembre de 2014

Benvid@s a tod@s!


Xa estamos de volta neste humilde espazo que nos permite estar un pouquiño máIs en contacto contándovos cousas e mostrándovos actividades que por calquera motivo non chegan a casa: por ser vividas no día a día da aula, por ser traballadas na aula, por ser moi grandes,... Xa sabedes ao que me refiro! 

E aos que acabades de chegar, xa o iredes vendo nesta pequena "fiestra", que pretende ser iso, un pequeno buratiño para ollar... Por certo, BENVIDAS E BENVIDOS! Ás xirafiñas do curso pasado e ás súas familias, e ás novas xirafiñas e ás súas familias: benvid@s a tod@s!

BENVIDO, BRAIS!

BENVIDO, SAMUEL!

BENVIDO, MARIO!

BENVIDA, ZAIRA!

BENVIDA, PAULA!

BENVIDA, AKANE!

BENVIDA, FÁTIMA!

BENVIDO, MARTÍN!

BENVIDO, RAÚL!

BENVIDA, AINARA!

BENVIDA, JULIA!

BENVIDO, RAFAEL!

BENVIDA, UXÍA!

BENVIDA, INÉS C.!

BENVIDO, ESTEBAN!

BENVIDO, LOIS!

BENVIDA, ALICIA!

BENVIDA SOPHIA!

BENVIDA, INÉS H.!

BENVIDO, HUGO!

BENVIDA, JENNIFER!

lunes, 1 de septiembre de 2014

Comeza a conta atrás...

1 de setembro!

Como pasa o tempo!

Ou non tedes a mesma sensación?

O importante é que xa comeza a conta atrás, xa logo chega o 10 de setembro, o día en que todos nos atoparemos de novo despois das vacacións de verán. Pasástedelo ben? Espero que as xirafiñas veñan con ganas de falar e de lembrar as súas aventuras porque eu teño unha chea de cousas que lles contar.

Xa logo nos vemos, xirafiñas!