miércoles, 18 de diciembre de 2013

Unha visita moi especial


Coñecedes este libro da Editorial Anaya, titulado Había una vez una semilla?

Forma parte dunha pequena colección que se chama Milagros de la naturaleza. Clicade no enlace de arriba para poder ollar por dentro algunhas das súas páxinas...

Hoxe as xirafiñas tiveron a oportunidade de ver e escoitar este conto da man das alumnas e dos alumnos do IES Xulián Magariños, debido a unha colaboración entre as mestras de 5º de Educación Infantil do CEIP O Coto, o xefe do Departamento de Orientación Xosé Luis Colmeiro do centro, e varios profesores (Pedro e Susana) do instituto e a xefa do Departamento de Orientación, Begoña, colaboración que continuará á volta das vacacións de Nadal e que culminará o 5 de xuño coa celebración do Día Mundial do Medio Ambiente.

Sempre que temos algunha visita ou que as actividades se saen da norma da rutina diaria, quedamos fascinados coa capacidade de ilusionarse das xirafiñas. Se mirades este vídeo no que o alumnado do instituto lles conta o conto ás xirafiñas veredes o interesadas que están:

lunes, 16 de diciembre de 2013

Videoconferencia con Papá Noel

Hoxe as xirafiñas tivemos a oportunidade, grazas ao Concello de Negreira, de asistir a unha videoconferencia con Papá Noel.

Estabamos todos ilusionadísimos!!!

Alá nos fomos a iso das 12:00 horas da mañá cara ao Auditorio do concello para poder falar con Papá Noel e pedirlle o que máis desexamos para estas datas tan especiais. Chamounos moito a atención o belén que tiñan montado neste local que atopamos polo camiño. Era enorme!!!


Cando chegamos ao Auditorio subimos ata o segundo andar, onde teñen a sá de ordenadores e alí sentamos de dous en dous porque senón non cabiamos todos.


E comezou a videoconferencia e presentámonos a Papá Noel, dicíndolle o que queriamos para este Nadal. As tartarugas ninja tiveron moito éxito!!!

Papá Noel ía apuntando todo nun papel que tiña na man. Agardamos que non se esqueza de nada nin de ninguén, porque ao final non puidemos falar todos con el. Algúns quedamos coas ganas...

Inés e Fátima puideron falar con el e mandarlle biquiños fortes...


Tamén Noa!!! 


Aínda así estivemos todos moi atentos ao que os demais didían, agardando o noso turno:



Aquí vos deixo o vídeo onde Samuel e Martín piden o seu agasallo, e a continuación Papá Noel se despide de todos nós desexándonos unhas boas festas e un moi feliz ano.



domingo, 15 de diciembre de 2013

Cocorico

Recordades a Cocorico? 

Xa o coñecemos o curso pasado o Día do Libro, o conto e a canción, e nesta ocasión é Julia a que quere recordarnos esta canción tan divertida escribíndoa e compartíndoa con nós no libro viaxeiro que anda a viaxar polas casas das xirafiñas.


Pero tamén hai outras cousas que lle gustan a Julia: toca a pandeireta e cando vai a baile canta e toca moitas cancións. Aquí a tedes vestida de galega: guapísima!!!


Pinocho fue a pescar!!!

E seguimos aprendendo novas cancións grazas ao libro viaxeiro, nesta ocasión da man de Inés Capeáns. Aquí a tedes:

PINOCHO FUE A PESCAR
AL RÍO GUADALQUIVIR
SE LE CAYÓ LA CAÑA
Y PESCÓ CON LA NARIZ.

SU MADRE TOCA EL BOMBO
SU PADRE LOS PLATILLOS
Y AL POBRE DE PINOCHO 
SE LE CAEN LOS CALZONCILLOS.


Gustouvos??

Grazas, Inés!

miércoles, 11 de diciembre de 2013

Os tres Reis Magos fannos compaña estes días

Queriamos contarvos que estes días temos compaña na aula das xirafiñas: os tres Reis Magos e Papá Noel fannos compaña e miran atentamente cómo nos comportamos para decidir se pararán ou non nas nosas casas nos vindeiros días.


domingo, 8 de diciembre de 2013

A meteo

O pasado mes de novembro comezamos a usar o calendario na aula. Xa formaba parte das rutinas da asemblea que teñen lugar a primeira hora da mañá, cando as xirafiñas chegan á aula e se poñen os mandilóns. Pero agora incorporamos o calendario porque é algo que usarán na súa vida de adultos, e que ademais aporta unha serie de posibilidades para traballar con el na educación infantil:

- Traballamos os números.
- Traballamos o tempo atmosférico.
- Traballamos as estimacións.
- Traballamos a estatística.
- Traballamos apreciacións.
- Aprendemos a traballar conxuntamente.
- Aprendemos a chegar a acordos.

E de que xeito facemos todo isto?

Cada mañá, entre todos decidimos o tempo que vai fóra, porque ás veces, en contra do que poida parecer, non é tan fácil decidilo. Unha vez que temos decidido o tempo, facemos o debuxo nun pequeno poster que temos pegado no panel das rutinas, recordando os días da semana e tachando os sábados e os domingos que non estamos na aula para decidir e apuntar o tempo que vai.

Unha vez rematado o mes de novembro, facemos un gráfico (de xeito individual) que reflicta a estatística do tempo mensual. Estas son as nosas opcións, clicade nelas para ver os gráficos das xirafiñas:

A miña maior travesura foi cando...

En liña co que viñamos contando na publicación anterior, queriamos darvos a grazas a todos por compartir con nós as vosas maiores travesuras.

Esta foi a maior travesura de AINARA:


 Esta foi a maior travesura de LOIS:


Esta foi a maior travesura de ESTEBAN:
 

Esta foi a maior travesura de ZAIRA:
 

Esta foi a maior travesura de BRAIS:
 

Esta foi a maior travesura de MARIO:
 

Esta foi a maior travesura de SAMUEL:
 

Estes son papá e mamá

Durante o mes de novembro estivemos a traballar a Unidade Didáctica Así son eu!!!, que trata os centros de interese do corpo humano e da familia.  Nela, xurdiron moitas actividades divertidas e moi interesantes, e unha delas foi comprobar cómo vos ven os vosos fillos. Podédelo comprobar clicando no título da unidade didáctica:

Así son eu!!!

martes, 3 de diciembre de 2013

Xa todas as xirafiñas teñen 4 anos!!!

Pois si, achégase o final do ano 2013 e con el as nosas xirafiñas van crecendo. Parece que foi onte cando empezaron con 3 anos (e algúns mesmo con 2!!!) a súa andaina polo noso centro e en particular a nosa aula,...

Pero non, xa vai alá un curso e un trimestre doutro. Como pasa o tempo e como crecen e aprenden!!!

O noso panel dos aniversarios cambiou moito desde que chegaron ao cole. De feito a imaxe da torta de 3 candeas xa non ten ningunha porque xa cumprimos todos os 4 anos!!!


Como non podía ser doutra maneira, Samuel cambiou a súa fotografía de lugar. 


Agora a profe terá que engadir unha torta con 5 candeas, porque á volta de xaneiro xa logo algunhas xirafiñas cumpren anos. A ver se podedes ver quén neste mural que temos na aula:


Só nos queda desexarche: PARABÉNS, SAMUEL!!!


A despedida foi fantástica e sacamos unha foto todos xuntos:


lunes, 2 de diciembre de 2013

O libro viaxeiro segue a camiñar polas nosas cosas

O libro viaxeiro da aula das xirafas segue a súa andaina polos nosos fogares. Nestes últimos días acompañou a varias das xirafiñas ás súas casas e compartiron con nós as súas cancións preferidas.

Visitou a casa de Alejandro, que nos propuxo cantar unha canción de Andy y Lucas que se titula Aquellas cartitas:


  
Tamén visitou a casa de Lois, que nos devolveu á música dos anos 90 da man de Zapato Veloz e o seu tema Tengo un tractor amarillo, que nos revolucionou a todos co seu ritmo. Xa a piden todos os días e nos levanta o ánimo:


Despois o libro viaxeiro fixo unha parada na casa de Alicia, que nos ensinou unha canción sobre o magosto que non coñeciamos. Fixádesvos onde está deitada Alicia? Nunha cama de castañas!!! 

Que foto máis divertida!!!

Grazas, Alicia!



E a última casa que visitou o libro viaxeiro, ata o día de hoxe, foi a casa de Esteban, que compartiu con todos nós a canción de Debajo de un botón, que todos coñecemos e podemos cantar. Fixádevos no debuxo de Martín, o protagonista da canción. É precioso!!!


Cando chegue o outono

Para os amantes da poesía, queremos compartir con vós esta sobre o outono, decorada e recitada polas xirafiñas do CEIP O Coto de Negreira. 

CANDO CHEGUE O OUTONO
CO SEU PINCEL AMARELO
PINTARÁ TODAS AS ÁRBORES
QUE XA TREMEN DE FRÍO.
PRONTO SE LLES CAERÁN AS FOLLAS,
E PELADIÑOS QUEDARÁN,
E EU DESDE A MIÑA VENTÁ
OIREI O VENTO SOPRAR.



martes, 26 de noviembre de 2013

Pizarra Dixital Interactiva (PDI)

Ás veces as xirafiñas necesitamos facer cousas conxuntamente, e algo que nos encanta é a PDI. 
Resulta máxico que os nosos dedos se convertan en lapis.

  





























E este foi o resultado final. Gústavos?

Queriamos  pintar tamén, pero Ohhhhhhhh!, cousas da tecnoloxía, colgouse a pizarra e non puidemos...

Tamén traballamos na pizarra os trazos, as letras e os números, para practicar a direccionalidade e a lateralidade: