martes, 13 de mayo de 2014

El abrigo de Pupa


Non podemos negarle aos contos e, en xeral, a toda a literatura infantil, o seu valor como instrumento educativo que serve para formar a personalidade, o carácter e a vida dos máis pequenos que nun futuro serán adultos. Por este motivo, as profes de infantil aproveitamos este instrumento nas asembleas porque os contos amosan o bo e o malo, o que verdadeiramente vale e o que non, o digno e o innoble,…



Levamos semanas coñecendo un montón de historias e de personaxes  grazas ao préstamo da biblioteca de aula e das lecturas que facemos na aula, e esta semana tivemos a oportunidade de coñecer a Pupa, a protagonista de El abrigo de Pupa de Thule Ediciones, que nos falou dos seus medos e coa que compartimos os nosos propios.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario