viernes, 31 de enero de 2014

Paz é...


Hoxe, 30 de xaneiro, celebrouse o Día Escolar da Paz e a Nonviolencia na Aula das xirafas. Foi un día moi intenso pois estaban organizadas varias actividades tanto a nivel de aula como a nivel de centro. 

Unha destas actividades, na que participaron as familias moi activamente, foi o mural titulado Paz é... Neste mural, as familias tiñan que completar nun bocadillo esta oración e este foi o resultado. Moitas grazas unha vez máis!!!



 

lunes, 27 de enero de 2014

30 de xaneiro, Día Escolar pola Paz e a Nonviolencia.

O próximo 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar pola Paz e a Nonviolencia en todos os centros educativos, no 66 Aniversario da morte de Mahatma Gandhi, unha personalidade aínda moi descoñecida para a maioría da poboación occidental, particularmente, as bases fundamentais do seu pensamento e da súa vida política e persoal.

http://www.sgep.org/   
Así, na nosa escola están organizadas unha serie de actividades que iremos compartindo con todos vós de maneira paulatina ao longo da semana ata culminar o propio 30 de xaneiro nun acto simbólico de todo o alumnado de 5º de Educación Infantil.

A primeira destas actividades, organizada polo Equipo de Biblioteca, consiste en fomentar o uso de palabras relacionadas coa Paz e encher o colexio delas formando una enorme cadea que nos recordarán a importancia deste termo tan abstracto pero que  aglutina tantas actitudes e sentimentos.

A aula das xirafiñas participamos nesta cadea para lembrar a importancia da paz un día máis. Estas foron as nosas aportacións á cadea global:







Coñecedes a Casimiro, o elefante?

Nos pasados días, e durante todo o que resta de trimestre, estivemos traballando co CD libro Cartas que veñen e van, da Editorial primerapersona. Cartas que veñen e van é un orixinal proxecto educativo que, coa mestura de música, ritmo, expresión corporal, inicia aos cativos no pracer de descubrir outros modos de expresión a través da literatura das cartas, os xogos dramáticos e os xogos de palabras.



Grazas a este  proxecto educativo coñecemos a figura de Casimiro. Lede cal é a súa historia:

CASIMIRO O ELEFANTE
SEMPRE ESTÁ DE BO HUMOR,
E DSIFRUTA PASEANDO
PARA SENTIRSE MELLOR.

CANDO XOGA NO ESTANQUE
CO SEU AMIGO NICANOR,
XOGAN NA AUGA TODO O TEMPO
E NON SENTEN A CALOR.

CAMIÑANDO NA SABANA
ANTES DE IR MERENDAR,
AS IRMÁS POSTAS EN FILA
VAN CANTANDO O SEU CANTAR.

E CANDO SE XUNTAN TODOS
PARA FACERSE NOTAR,
VAN MOVENDO AS ORELLAS
CARA ADIANTE E CARA A ATRÁS.

CANDO EN ÁFRICA É DE NOITE
BAIXO A LÚA E AS ESTRELAS,
CASIMIRO XA SE DEITA
VAI SOÑAR CON TODAS ELAS.

E este que tedes aquí é Casimiro:






















 


martes, 21 de enero de 2014

Lois cumpre 5 anos

Na aula das xirafas seguimos cumprindo anos. O pasado mércores 15 de xaneiro foi o turno de Lois, que compartiu cos seus compañeiros e compañeiras unha torta de chocolate riquísima. Mirade que boa pinta tiña...


Ás veces as xirafiñas vólvense moi vergonzosos e se "escurren" nas cadeiras para tentar non saír nas fotos, pero no fondo encántalles ser o protagonista por un día.


Logo se recompoñen e quereb saír en todas as fotos, cos amigos, soprando as candeas, repartindo as servilletas,... 


... e inclusive ás xirafiñas lles encanta (e a quen non!!!) ser o protagonista do día, e que as compañeiras e os compañeiros lles canten o Cumpleaños feliz

Mirade, mirade,...!!!

lunes, 13 de enero de 2014

Reunión xeral

LEMBRAMOS QUE O VINDEIRO MARTES 14 DE XANEIRO DE 2014 TERÁ LUGAR A REUNIÓN DO 2º TRIMESTRE, ÁS 16:00 HORAS, NA AULA.

As festas seguen a celebrarse na aula das xirafas!!!

As festas seguen a celebrarse na aula das xirafiñas!!!


Hoxe foi o turno de Alicia, que cumpriu 5 anos e quixo compartir con nós este día tan especial. Trouxo á aula este biscoito que ela mesma fixo coa súa nai, e decorado desta maneira tan bonita.

Repartimos as servilletas, cantamos Cumpleaños Feliz, sopramos as candeas e tomamos un anaco de biscoito compartindo con Alicia este día. Deixámosvos un vídeo onde as xirafiñas lle cantan a Alicia a canción de felicitación de Cumpleaños Feliz

Escoitade que ben cantan!!!



Como estaba decorada a túa casa durante o Nadal?

Nestes primeiros días de clase logo das vacacións de Nadal adicamonos a recordar cómo estaban decoradas  as nosas casas durante o Nadal: había Beléns, árbores con bólas e cintas de cores, paquetes de regalos as mañás de Nadal e de Reis, e moitas outras cosas.

Deixámolo todo por escrito nestes debuxos...

Esperamos que vos gusten!!! Clicade no enlace para acceder ao documento.



Comezamos celebrando aniversarios!!!


As xirafiñas volvemos á escola este novo ano 2014 celebrando aniversarios: Fátima cumpriu 5 anos e celebrouno con todas e con todos o primeiro día de escola. 

Menudo comezo más bo!!!

Parabéns, Fátima!!! E que cumpras moitos máis!!!