domingo, 27 de octubre de 2013

Pintamos arañas nas nosas caras!!!

Que é unha festa do Samaín sen a maquillaxe?

Pois nada! Por iso hoxe pintamos as nosas caras con teas de arañas e arañas colgando delas. Este foi o resultado...

Que nos deparará os vindeiros días??



viernes, 25 de octubre de 2013

E hoxe foi o turno das pantasmas

Seguimos de celebración. É unha festa moi divertida o Samaín!!!

Hoxe decoramos a porta da clase cunha casa encantada da que saían un montón de pantasmas. Que medo!!!

Mirade o ben qe quedou e fixádevos ben que as pantasmas levan a nosa cara!!!


miércoles, 23 de octubre de 2013

lunes, 21 de octubre de 2013

Francesco Tonucci, onte, en Pontevedra.

Unha pequena entrevista aparecida no Faro de Vigo con motivo da presenza na cidade de Pontevedra do grande psicopedagogo, pensador e debuxante Francesco Tonucci.

A saia da Carolina

E o libro viaxeiro da aula das xirafas segue viaxando polas casas das alumnas e dos alumnos de 4 anos A do CEIP O Coto de Negreira.

Esta vez foi o turno de Noa, que compartiu con nós a canción A saia da Carolina, que aprendemos xuntos o curso pasado e que todos sabemos. 


Animádesvos a cantar con Fuxan os ventos a canción preferida de Noa?


Fun ao mercado...

Inés Hombre e a súa familia quixo compartir con todos nós a súa canción preferida, Fun ao mercado, que aparece no proxecto musical Maria Fumaça da Editorial Galaxia.



Aquí tedes a Inés cunha formiguiña picándolle o seu nariz...

viernes, 18 de octubre de 2013

Raúl cumpre 4 anos

E seguimos celebrando que as xirafiñas cumpren anos. Hoxe foi o turno de Raúl. Parabéns, Raúl, no día do teu aniversario!! E que cumpras moitos máis...


viernes, 11 de octubre de 2013

As letras dos nosos nomes

Estivemos a realizar un bonito traballo manual no que as nenas e os nenos aprenden as letras máis importantes para eles.

A súa letra, a inicial do seu nome, é quizáis a letra máis significativa de todas elas, xa que é a súa propia. E podemos introducilos no proceso de aprendizaxe da lectoescritura a través desa vogal ou consoante que abre todo un mundo novo para eles, o mundo das letras.
 

jueves, 10 de octubre de 2013

Concerto de violín

O mércores 9 de outubro fomos á biblioteca do CEIP O Coto para escoitar a música de Mozart das mans dos violinistas que viñeron presentarse ao colexio.
 



Non vos imaxinades o ben que soa esta música!!





martes, 8 de octubre de 2013

Cancións da nosa vida

Hoxe comezará viaxar polas nosas cosas o libro viaxeros coas cancións da nosa vida. A profe Marta incluíu unha das súas cancións favoritas, A princesa do Caurel. Esperamos que vos guste tanto coma a ela.


Esteban cumpre 4 anos

E seguimos de festa...

Parabéns, Esteban!!




domingo, 6 de octubre de 2013

Xogamos coas letras...

O pasado luns, co comezo de outubro, puxemos en marcha un xogo titulado Xogamos coas letras!! que visitará as vosas casas, co que poderedes introducir aos vosos fillos no mundo das letras partindo de algo tan cercano a eles como é o seu nome. Deste xeito realizaremos un traballo paralelo entre a escola e a casa, pois durante todo o mes de outubro imos traballar os nomes da aula.

O xogo consiste en formar os nomes debaixo das fotografías con letras con velcro que viaxan á casa tamén nunha carpetiña. 




viernes, 4 de octubre de 2013

Follas que veñen e van...

Chegou o outono e con el as manualidades para festexar esta fermosa estación. Aquí queda a decoración da nosa porta da aula


Pero que saibades que para deixala así traballamos moito, moito,...




Celebrando os aniversarios do verán!!!


Pero cómo pensar que imos quedar sen festexar os aniversarios das nenas e dos nenos que cumpren anos no verán!!! Co divertido que é celebralo na aula e compartir cos compañeiros un día tan especial...

 Parabéns a:

1. Inés Capeáns
2. Mario
3. Uxía
4. Zaira


 

jueves, 3 de octubre de 2013

Saída á S.A.T. Busto-Corzón de Mazaricos

O día 20 de setembro visitamos á S.A.T. Busto-Corzón en Mazaricos, que podedes seguir no seguinte enlace:

https://www.facebook.com/Feiracolacteos?ref=ts&fref=ts

Nós deixamos este vídeo para que vexades como pasou a nosa mañá. Esperamos que vos guste!!!







Normas da aula

Os primeiros días de escola adicámonos a lembrar as normas da aula, por se nos esqueceran durante o verán.
 
 









Benvid@s ao noso blog, xirafiñas

Con este primeiro post queremos dar a benvida a este espazo, ao blog da Aula das Xirafas do CEIP O Coto de Negreira. Desde aquí queremos compartir con todas as familias algunhas das nosas actividades no quefacer diario da aula.