jueves, 8 de mayo de 2014

Como nos tardaba!!!!

Como nos tardaba!!

Si!!! Si!!! Estamos a falar do sol, ao que quixemos dar a benvida.

Para iso pintamos con esponxas un sol xigante de cor amarela:



Un sol que enchimos de papeis de periódico cortados polas xirafiñas coas tesoiras, coas que xa son bastante habilidosos. Sentaron na zona da asemblea e corta aquí corta alá deixaron así o corcho. Pero cedo recolleron todos os papeis cortados para metelos dentro do sol xigante que unimos con grampas:




Tamén decoramos as letras BENVIDO, SOL!! con rotuladores:




E este é o resultado final, que colocamos na porta da nosa aula.




Que vos parece? Gústavos?

1 comentario: