viernes, 21 de febrero de 2014

Atención meniños, no Entroido mandadiños!!!

Como cada ano, haille que facer caso ao Meco e cumprir os seus mandadiños. Cada día irémosvos informando do que hai que traer.

É tempo de festa!!! É tempo de Entroido!!!


jueves, 20 de febrero de 2014

E seguimos celebrando o inverno!!!

Todavía non tiveramos ocasión de compartir con vós a decoración da porta da Aula das xirafas concidente co centro de interese de inverno.

Decidimos decorala con algo tan característico estas últimas semanas como é o xeo, a neve e por conseguinte os deportes de inverno. Así, todas as xirafiñas se converteron en patinadores e esquiadores. 


 Fixádevos ben que están a facelo magnificamente!!! 




viernes, 14 de febrero de 2014

Xa ule a Entroido!!!

Ano tras ano as festas do Entroido espéranse con moito entusiasmo e moita ilusión, e máis nun colexio situado nunha comarca onde se vive de tal xeito estes días de festa.

Por este motivo, na escola e en concreto na Aula das xirafas celebrámolo na medida das nosas posibilidades con actividades adicadas a decorar a aula, a disfrazarnos, a ser o que o resto do ano non somos,... Son uns días de confeti, de samba, de purpurina, de máscaras, de caretas,... 

En definitva, É tempo de festa! É tempo de Entroido!, título que posúe a Unidade Didáctica deste mes de febreiro. A escasos quince días do día grande, na Aula das xirafas xa ule a Entroido.

Mirade con atención!!!

Empezamos por acicalar as caretas xigantes, con papeis, témpedas brandas, la, purpurina, entre outros materiais necesarios para elaborar as personaxes elexidas: un paiaso, un pirata, e un antifaz de bolboreta.
 













O seguinte paso foi acabar o traballo comezado os días anteriores, despois de que secaran moitos dos materiais usados nas caretas.


E aquí aparecemos todas as xirafiñas co noso traballo e o resultado final despois de moito tempo de traballo. 

Esperamos que vos guste!!!




Ramón Chaparrón

Tantos de choiva unidos ás novas aportacións a biblioteca de aula grazas á colaboración das familias na Aula das Xirafas, fixo que nestes días de choiva, vento e frío caera nas nosas mans un libro que nos veu moito ao caso para describir o que está suceder en Negreira nestas últimas semanas de xaneiro e febreiro.

O libro do que estamos a falar é Sí, somos raros que trouxo Alicia para poder disfrutar del semana tras semana:

 

Este libro fálanos de catro personaxes moi especiais, e das vantaxes e desvantaxes que supón ser como son eles. Interesounos especialmente Ramón Chaparrón, un amigo moi interesante ao que acompaña todos e cada un dos minutos desde que naceu unha pequena nube que lle chove enriba da cabeza. Vai ao médico, fanlle radiografías e máis probas e probas, ata que Ramón dá coa solución: UN PARAUGAS!!!

É unha breve historia moi divertida, que nos recordou a alguén que anda por aquí cerca: este Ramón Chaparrón parece cada unha das galegas e dos galegos de Galicia estas últimas semanas. Parece que nos persegue unha nube!!!

Entón decidimos poñernos mans á obra e este foi o procedemento para tal cousa. O primeiro que fixemos foi pintar as nubes, que tiñan unha parte de adiante e unha parte de atrás:

 
Pero as nosas nubes deberían parecer "mulliditas" e cheas de auga para seguir caendo día tras día en Galicia, para o cal collemos as tesoiras e recortamos tiras de papeis para meter dentro das nosas nubes e que quedaran abonbadas:


Unha vez que recortamos moitas tiras metémolas dentro das nubes, ata que quedaron cheas de papeis. Logo a profe foi a pola escaleira e colgou as nubes do teito, e este é o resultado final:

Agora todos parecemos Ramón Chaparrón!!!



miércoles, 12 de febrero de 2014

Tantos días de choiva!!!

Seguimos trabalando na aula a estatística, anotando cada día de cada mes o tempo meteorolóxico que vai fóra durante o momento da asemblea e queremos compartir con todos vós estes datos curiosos:

1. Durante o mes de xaneiro choveu todos e cada un dos días de clase, sen contar as fins de semana.


2. O mes de febreiro vai polo mesmo camiño, ao que hai que engadir as distintas cicloxéneses que estamos a sufrir en Galicia.

Aproximación á lectura e á escritura



Non é ata o primeiro ciclo de educación primaria cando as nenas e os nenos acceden aos códigos convencionais da lectura e da escritura. Sen embargo, non debemos esquecer que a motivación por adquirir o código, o acceso ás súas características diferencias,a comprensión e valoración da súa utilidade funcional, entre outros, son aspectos moi importantes en torno aos que xira o proceso de ensinanza e aprendizaxe na etapa de educación infantil. 

Por este motivo, as aulas de educación inafntil non deben vivir de costas, e non o facemos, á escritura, pero tampouco é conveniente supeditar toda a actividade diaria a que as nenas e os nenos aprendan a ler e a escribir, xa que isto trascende ás capacidades cognitivo motrices de moitos menores de 6 anos.


Sen embargo, cando as nenas e os nenos estean motivados e pregunten sobre a funcionalidade das letras e das palabras, debemos aproveitar cada instante para sumerxirnos neste marabilloso mundo do proceso lectoescritor. Así, aprenden que os nomes das cousas serven para nomear, nesta ocasión aos papás de Julia e á profe de Ainara. Que sigan con esta curiosidade!!!!


jueves, 6 de febrero de 2014

Soy un gato muy feliz!!!

SOY UN GATO MUY FELIZ, MUY FELIZ
 TENGO LOS BIGOTES LARGOS.
SOY UN GATO MUY FELIZ, MUY FELIZ
NO TENGO MOMENTO AMARGO.
SOY UN GATO MUY FELIZ, MUY FELIZ
AMIGO DE LOS RATONES.
SOY UN GATO MUY FELIZ, MUY FELIZ
PORQUE SÉ MUCHAS CANCIONES.
YO SÉ QUE LA VIDA ES MARAVILLOSA
Y NO TE PUEDO DECIR A TI OTRA COSA:
CANTA Y RÍE, RÍE Y CANTA
COMO YO!!!!

Esta é a canción que máis lle gusta a Raúl, que ademais de cantar xa empeza a tocar algún que outro instrumento musical. Raúl escoita rock, pop, merengue e cancións infantís. Dos clásicos vai soportando a Vivaldi e a Beethoven.

Outras cancións apréndellas Sofía, que para iso e moitas outras cousas máis serven os irmáns maiores.


 

A Rianxeira

Como nos gustan as cancións tradicionais de Galicia!!!

Ainara xa cantaba moito o curso pasado todas as cancións traballadas no pequeno proxecto Cantemos como galegos!! onde repasamos coas nenas e os nenos, e nalgúns casos demos a coñecer, cancións nosas de sempre.

Ainara cóntanos no libro viaxeiro que xa de pequena cantaba A Rianxeira, de feito cantábaa xa moito antes de aprender a falar ben. E aprendeuna coa axuda dos seus pais!!! Como  nos gusta que se transmitan estas cancións de pais a fillos, igual que os nosos pais xa fixeron con nós. 

 

Uxía e a Doctora Juguetes

O Libro viaxeiro segue a súa viaxe polas casas das xirafas semana tras semana. Nesta ocasión parou a descansar na casa de Uxía, que nos conta moitos segredos dos seus gustos musicais, algúns inconfesables.

Bótalle a culpa ao coche, onde ten que escoitar música que lles gusta aos seus papás, Eva e Ignacio, coma por exemplo Platero y tú. Pola contra, Uxía comparte con nós unha cancións dos seus debuxos animados favoritos, a Doctora Juguetes. Aquí vola deixamos:





Tamén nos conta Uxía que estes últimos meses comezou a asistir a baile galego e que polo Festival de Nadal aprendéronlles unha panxoliña titulada Cun sombreiro de palla. A ver se un día destes nos canta esta canción e baila un pouquiño!!!