jueves, 22 de mayo de 2014

O galo traganoces

Un día, o galo e a galiña saíron da granxa dispostos a coñecer mundo. Corricaron por aquí e petiscaron por alá ata que tropezaron cunha nogueira grande e frondosa. Como o galo devecía polas noces, comeu tantas e tan á présa que se lle atrancaron na gorxa.

Deste xeito, comeza o periplo desesperado da galiña para salvar o seu querido amigo comellón. Nesta empresa veranse implicados unha granxeira, un zapateiro, unha ovella, un ferreiro e ata un carballo!

Todos eles non dubidan en prestar a súa axuda. Rápidos colaboran nun traballo en equipo onde, a pesar das dificultades encadeadas, acaba triunfando a boa vontade e a solidariedade.


Roberto Mezquita crea unha nova versión deste conto acumulativo estendido por toda Europa, coñecido como O pitiño da abeleira. Esta revisitación mantén intacto o texto encadeado na exposición da trama e desenlace. De igual xeito, conserva a estrutura repetitiva, propia dos contos da tradición oral que facilita que poida ser recordado e contado sen dificultades:

 
—  O galo papou noces a fartar e agora o pobre afoga por lambón. Axiña!, se o queremos axudar, un grolo de auga é a solución.
 

Grazas a este conto da biblioteca de aula, puidemos falar de algo tan importante na vida como é a amizade e o que supoñen os amigos na vida de un. Falamos moito sobre eles e responderon a unha pregunta:

CANDO SON BOS OS AMIGOS CONTIGO, 
DO MESMO XEITO QUE A GALIÑA FOI BOA CO GALO?

Clicade na imaxe da portada do conto para comprobar o que valoran as xirafiñas os seus amigos!

 

miércoles, 14 de mayo de 2014

Que é o que nos fai berrar?

ESTA MAÑANA, MI MADRE ME CHILLÓ DE TAL FORMA QUE SALÍ VOLANDO EN PEDAZOS.
MI CABEZA VOLÓ AL UNIVERSO.
MI CUERPO CAYÓ AL MAR.
MIS ALAS SE PERDIERON EN LA JUNGLA.
MI PICO ATERRIZÓ EN LAS MONTAÑAS.
MI POMPIS DESAPARECIÓ EN LA CIUDAD.
MIS PIES SE QUEDARON QUIETOS, PERO DE PRONTO, ECHARON A CORRER SIN PARAR.

Así é como empeza o conto Madrechillona, de Jutta Bauer, que estes días nos axudou para falar das nosas emocións. 

Queredes saber cándo chillan as xirafiñas?

Clicade no enlace para ver as súas razóns.

martes, 13 de mayo de 2014

El abrigo de Pupa


Non podemos negarle aos contos e, en xeral, a toda a literatura infantil, o seu valor como instrumento educativo que serve para formar a personalidade, o carácter e a vida dos máis pequenos que nun futuro serán adultos. Por este motivo, as profes de infantil aproveitamos este instrumento nas asembleas porque os contos amosan o bo e o malo, o que verdadeiramente vale e o que non, o digno e o innoble,…



Levamos semanas coñecendo un montón de historias e de personaxes  grazas ao préstamo da biblioteca de aula e das lecturas que facemos na aula, e esta semana tivemos a oportunidade de coñecer a Pupa, a protagonista de El abrigo de Pupa de Thule Ediciones, que nos falou dos seus medos e coa que compartimos os nosos propios.

 

Mes das Letras Galegas



O vindeiro sábado celébrase, como cada 17 de maio desde 1963, o Día das Letras Galegas, cuxo significado é a homenaxe de todos os escritores en lingua galega ou defensores da mesma.



A elección da data conmemora a publicación en Vigo, un século antes, do primeiro exemplar dunha das obras máis coñecidas da escritora Rosalía de Castro, Cantares Gallegos.

O autor homenaxeado este ano é Xosé María  Díaz Castro, e por se queredes saber algo máis del e do significado deste día para a cultura galega podedes visitar os seguintes enlaces:


As xirafiñas quixemos renderlle unha pequena homenaxe na medida das nosas posibilidades ao autor, e para iso traballamos unha das poesías que compoñen a súa obra principal, Nimbos. Sentimos curiosidade por sabermos qué eran os nimbos, e unha vez que buscamos esa palabra no dicionario, debuxámolos para incorporar á portada da primeira edición do libro, de 1961.























Estivemos traballando esta poesía... Queredes oír cómo recitan as nosas xirafiñas?

 
Hoy estrenamos nuestro segundo Especial, dedicándolo al Día das Letras Galegas que se celebra cada año el 17 de mayo desde 1963,  y cuyo significado es el recuerdo de todos los escritores en lengua gallega o defensores de la misma.
La elección de la fecha conmemora la publicación en Vigo un siglo antes, del primer ejemplar de una de las obras más conocidas de la escritora gallega Rosalía de Castro, Cantares Gallegos.
- See more at: http://www.imosver.com/blog/especial-letras-gallegas/#sthash.iNVyGPml.dpuf
Hoy estrenamos nuestro segundo Especial, dedicándolo al Día das Letras Galegas que se celebra cada año el 17 de mayo desde 1963,  y cuyo significado es el recuerdo de todos los escritores en lengua gallega o defensores de la misma.
La elección de la fecha conmemora la publicación en Vigo un siglo antes, del primer ejemplar de una de las obras más conocidas de la escritora gallega Rosalía de Castro, Cantares Gallegos.
- See more at: http://www.imosver.com/blog/especial-letras-gallegas/#sthash.iNVyGPml.dpuf
Hoy estrenamos nuestro segundo Especial, dedicándolo al Día das Letras Galegas que se celebra cada año el 17 de mayo desde 1963,  y cuyo significado es el recuerdo de todos los escritores en lengua gallega o defensores de la misma.
La elección de la fecha conmemora la publicación en Vigo un siglo antes, del primer ejemplar de una de las obras más conocidas de la escritora gallega Rosalía de Castro, Cantares Gallegos.
- See more at: http://www.imosver.com/blog/especial-letras-gallegas/#sthash.iNVyGPml.dpuf

jueves, 8 de mayo de 2014

Como nos tardaba!!!!

Como nos tardaba!!

Si!!! Si!!! Estamos a falar do sol, ao que quixemos dar a benvida.

Para iso pintamos con esponxas un sol xigante de cor amarela:



Un sol que enchimos de papeis de periódico cortados polas xirafiñas coas tesoiras, coas que xa son bastante habilidosos. Sentaron na zona da asemblea e corta aquí corta alá deixaron así o corcho. Pero cedo recolleron todos os papeis cortados para metelos dentro do sol xigante que unimos con grampas:




Tamén decoramos as letras BENVIDO, SOL!! con rotuladores:




E este é o resultado final, que colocamos na porta da nosa aula.




Que vos parece? Gústavos?

domingo, 4 de mayo de 2014

Feliz Día da nai!!!

Supoñemos que a estas horas da mañá xa non aguantades máis e xa tedes aberto o pequeno agasallo que vos levaron os vosos fillos o pasado mércores desde o cole...


Xa sabemos que foron moitos días de espera pero esperamos que pagara a pena!!

Porque por outra banda, as xirafiñas levaban xa varios días argallando o traballo, coa dificultade de traballar sen visulaizar moi ben o que de aquela pasta de modelar ía saír.


E despois de modelar e modelar para endurecer a pasta, tiveron que aplastar (uns cos rodillos e outros coas mans) a bóla para poder insertar o molde con forma de bolboreta e sacar a pasta que sobraba.




 E o resultado final é o que no día de hoxe tedes nas vosas mans...

Esperamos que vos guste e que o disfrutedes por moitos anos!!!

Feliz Día da Nai!!!