jueves, 23 de octubre de 2014

Cadros de outono

Levamos dúas semanas traballando na composición duns cadros de outono que hoxe, por fin, puidemos expoñer no corredor de infantil:


O primeiro paso foi recoller follas e poñelas a secar nos periódicos, onde estiveron durante bastante tempo. Mentres as follas estaban a secar, as xirafiñas adicáronse a outras actividades, seguindo estes pasos para a elaboración dos cadros:

PASO 1.-
PINTAR CON TÉMPERAS DE CORES DE OUTONO UNHA CARTULINA BRANCA, E DEIXAR SECAR BEN.


PASO 2.-
UNHA VEZ QUE ESTEA SECA, PEGAR A CARTULINA NUN CARTÓN DE TAMAÑO MAIOR CÁ CARTULINA PARA TER UN MARCO.


PASO 3.-
BOTAR COLA BRANCA NA FOLLA DE OUTONO E PEGALA NO CENTRO DA CARTULINA E APLASTAR BEN PARA QUE QUEDE BEN PEGADA. POÑERLLE UN BO PESO ENRIBA.
 

PASO 4.-
PINTAMOS OS MARCOS CON TÉMPERA NEGRA, CUBRINDO AS MESAS CON PERIÓDICO PARA INTENTAR MANCHAR O MENOS POSIBLE, COMA SEMPRE.
 





PASO 5.-
CORTAR CON TESOIRAS ANAQUIÑOS DE PAPEIS DE DIFERENTES TAMAÑOS DE CORES DO OUTONO E DESPOIS PEGALOS CON PEGAMENTO ARREDOR DA FOLLA DE OUTONO DO CADRO.







Que vos pareceu? 

E para que vexades ben de cerca estas verdadeiras obras de arte, deixámosvos aquí unha composición con algún destes cadros escollidos aleatoriamente:


lunes, 20 de octubre de 2014

O cesto do outono crece grazas a vós

Apreciades as diferenzas no noso cesto de outono? 

E todo grazas a vós!

Hoxe luns no momento de asemblea todos tiñamos moitas cousas que contar, e algunhas notas que ler... Empezamos pola nota de Zaira, que viña toda cargada:

 
E así empezou a nosa aventura, que foi tal cual como se todas as xirafiñas tiveramos feito a mesma ruta polo bosque con Lorena, a avoa Loly e a bisa Mercedes.

Primeiro.- Lemos a nota en voz alta.


 Segundo.- Manipulamos e ensinamos a todas e todos as setas que había na caixa que trouxo Zaira, para o que puxemos unhas luvas. Toda precaución é pouca!


Terceiro.- Seguimos ensinando máis produtos de outono: azafrán. Tiñan un encargo ao chegar á casa: preguntáronvos por el? Xa nos contaredes...


Cuarto.- Unha que nos gustou especialmente: unha minipiña!!!! Como xa tiñamos unha grande no cesto, agora temos unha grande e unha pequena, unha boa maneira de traballar os tamaños con cousas divertidas.


Quinto.- Unha espiga.


E sexto.- Mostra fotográfica de todas as aportacións de Zaira e a súa familia ao noso cesto de outono.


Despois foi o turno de Hugo, que tamén colaborou aportando un montón de produtos ao cesto. Mirade!

Trouxo tamén, ao igual que Zaira, millo, pero Hugo trouxo unha mazaroca con folla verde e unha mazaroca pelada sen follas para ver os grans.


Hugo contounos tamén que a súa avoa ten na horta árbores froiteiras e que colleu alí mazás...

 ...e peros.


Grazas, avoa de Hugo, pola súa aportación ao noso cesto de outono!

 E, por último, Mario tamén aportou diversos produtos ao noso cesto de outono, produtos dos que nos falaba Natalia, a súa nai, nesta nota:


Nota que lle lemos ás demais xirafiñas en alto para que soubesen o que poñía, e ademais Mario nos explicou que fora de paseo coa súa nai ao monte, pero que non se atopara con Zaira.


Como podedes ler, Mario aportou millo, ao igual que Zaira e Hugo. Aquí os tedes aos tres:



Pero tamén aportou unhas setas, que nos deron moito xogo para buscar similitudes e diferenzas coas que trouxera Zaira.


Ao principio non nos parecía ningunha igual, pero despois de lavar a pequena redondiña que ten Zaira na man... Que opinades vós?


Na bolsa de Mario tamén había melón, pero o melón que pertence á familia da cabaciña...


...e mel, que é ese boteciño que ten a profe na man.

Estamos a aprender moitas cousas sobre o outono: os seus produtos, o tempo que vai, a roupa que debemos usar, as súas cores,...

Moitas grazas pola vosa colaboración!

domingo, 19 de octubre de 2014

O círculo de Julia

De verdade que é marabilloso chegar polas mañás e recoller os debuxos que nalgún momento da tarde as xirafiñas tiveron a ben facer para a súa profe, da que se acordaron e lle dedicaron un tempiño para debuxar, colorear e mesmo escribir todo o que se lles ocorre, con ou sen axuda das familias. Que saibades que están adornando a nosa clase e que outros forman parte da portada dun pequeno proxecto... Pero non imos contar nada máis!!!

Grazas a todos!

Nesta ocasión, e sen desmerecer a ninguén, resulta que o debuxo de Julia que era un círculo encaixaba perfectamente no mural das formas xeométricas que fixeron os alumnos de 4 anos B da aula da profe Paz, os nosos veciños de porta desde dous cursos.

Deixámosvos o enlace da páxina web do cole para que vexades o bo traballo que fixeron trabalando o círculo, o cadrado e tiánngulo, onde Julia aportou o seu grao de area. Jijijijijiijijiiji!

3 en raia


Falabamos hai pouco de cómo en poucos meses cambian os intereses dos nenos e de cómo se nota o seu grao de maduración no tipo de xogos que escollen para o tempo de xogo libre nos recunchos.

Nesta ocasión, Lois trouxo da casa un 3 en raia feito a man cun cartón e as pezas da mesma maneira e estivo explicándolle as normas do xogo a Martín e a Brais, recuperando deste xeito os xogos tradicionais de antes.

E a vós? Gústavos xogar ao 3 en raia?

viernes, 17 de octubre de 2014

O cesto de outono


Chegou o outono e estamos a traballar na aula todo o relacionado con esta estación do ano. Ademais de vivir a súa meteoroloxía, que chegou con forza, estamos vendo a roupa que debemos usar, os froitos e as froitas que podemos comer nesta época, as cores que collen as follas, os tipos de cabazas que crecen nas hortas,...

Pero aínda faltan moitas moitas cousas máis para encher o noso cesto. De momento ten:

FOLLAS
OURIZOS
CABAZAS
LANDRAS
PIÑAS
FABAS
NOCES
CASTAÑAS

E ata un verme verde que veu da casa de Fátima que se quere comer as cousas do noso cesto!!!

Axudádesnos a enchelo de máis cousas?

Os nosos autorretratos

Como ben sabedes, o mes de outubro está adicado ao centro de interese do corpo traballado na Unidade Didáctica titulada Moito medramos!!

Para  traballar este tema estamos a realizar un montón de actividades, entre as que están estes autorretratos cos que estamos traballar o esquema corporal. 

Gústanvos? Que vos parecen?










 

domingo, 12 de octubre de 2014

Xa hai días que comezou o outono...

Xa hai días que comezou o outono, e iso estase a notar no tempo, na caídas follas, no cambio de roupa, faise noite antes e dentro de pouco cambiarán a hora.

Como todos os anos, xa que isto case que se coverte nun ritual nas aulas de infantil, saímos ao patio a recoller follas. Xa levamos dias facéndoo... De feito, temos follas grandes a secar en periódicos na aula, follas que recollemos no noso patio. Pero é que este venres saímos ao patio dos maiores a recoller unhas follas especias: no paio dos maoiores hai follas de moitas tonalidades, de todas as tonalidades do outono!!!

Seguide o enlace ao que vos leva a Fada do Outono e mirade o vídeo onde aparacen as fotos nas que as xirafiñas están a recoller as follas de outono. Chegaron a 100!!!

<div><iframe width="560" height="420" src="http://www.kizoa.com/embed-13990720-5113148o1" frameborder="0" allowfullscreen></iframe><br /><a href="http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d13990720k5113148o2/recollendo-fotos-de-outono"><b>Recollendo fotos de outono</b></a> - <i><a href="http://www.kizoa.es">Movie Maker</a></i></div> 

lunes, 6 de octubre de 2014

As xirafiñas do verán celebran o seu 5º aniversario

Aquí están: son as xirafiñas que cumpriron 5 anos durante o verán!

INÉS
MARIO
RAFAEL
UXÍA
ZAIRA

E hoxe quixeron celebrar con todos os seus compañeiros da clase esta data tan especial. As familias das xirafiñas argallaron esta pequena festa que tivo lugar a terceira hora, antes do recreo, con torta caseira incluída que, por certo, estaba boísima!!! Como todo o que fan e traen as familias -mamás, avoas, madriñas,...- das xirafiñas, hoxe e sempre! Temos unha sorte con elas!!!


Cantamos o ¡Cumpleaños Feliz!, sopramos as candeas, pediron un desexo, bebemos zume, comemos o pastel de galleta e chocolate, e pasámolo moi ben!!!

Ademais, as mamás, que sempre queredes ter un detalle cos compañeiros dos vosos fillos, desta vez agasallástesnos cun marcapáxinas cunha imaxe preciosa deles todos, uns utensilios de Cars que foron un éxito total e unha chocolatina.


Mirade as súas cariñas!!









 Parabéns, xirafiñas!!!
E que cumprades moitos máis!!!