martes, 26 de noviembre de 2013

Pizarra Dixital Interactiva (PDI)

Ás veces as xirafiñas necesitamos facer cousas conxuntamente, e algo que nos encanta é a PDI. 
Resulta máxico que os nosos dedos se convertan en lapis.

  





























E este foi o resultado final. Gústavos?

Queriamos  pintar tamén, pero Ohhhhhhhh!, cousas da tecnoloxía, colgouse a pizarra e non puidemos...

Tamén traballamos na pizarra os trazos, as letras e os números, para practicar a direccionalidade e a lateralidade:






 

Hoxe Mario, encargado do día, fixo este debuxo.

Encántame ver cómo melloran estas xirafiñas e ver as cousas que son quen de facer...

Hoxe Mario, que foi o encargado do día e o elixido para ir ao Recuncho da Plástica, fixo este debuxo:



Pero, que sucedeu hoxe na Aula das xirafas?

Non sei, non sei,...

Será o frío?

Será o longo mes de novembro?

Pero é que hoxe pasou algo na Aula das Xirafas. 

Chegamos pola mañá e acodimos coma todos os días á zona de asemblea, para facer as rutinas do día.



Hoxe foi Mario o encargado das tarefas do día...


Pasou lista para ver se estabamos todos:


E non, non estabamos todos e hoxe tocou facer unha resta moi difícil. 

Pero conseguímolo!!!


martes, 19 de noviembre de 2013

E seguimos cumprindo anos...

Os máis pequenos da aula seguen cumprindo anos. Nesta ocasión, Inés celebrou con nós o seu aniversario. En primeiro lugar, adornamos a coroa de cumpleañero cos pegatinas de cores...


E logo tocou soprar a vela da tarta!!! Resisituse un  pouquiño, pero ao final Inés apagouna. 


Ogallá se che cumplan todos os teus desexos!!!


viernes, 15 de noviembre de 2013

Julia cumpre 4 anos

Onte, xoves 14 de novembro, Julia cumpriu 4 anos. O primeiro que fixo ao chegar á aula foi cambiar a súa fotografía do panel da tarta de 3 anos para a tarta de 4 anos. Como podedes ver é un exercicio moi sinxelo para que vaian interiorizando certos conceptos matemáticos.
 

En torno ás 11:30 horas tivemos unha sorpresa moi especial. A súa avoa acudiu á aula a traernos unhas magdalenas con forma de moucho. 

Mirade, mirade!!


E chegou a hora da celebración cos compañeiros... 

Nesta ocasión firmaron todos na súa coroa de cumpleañera 





Que pasaría se desaparecera a letra i?


Estes días estivemos a traballar a letra i e falamos da importancia das letras para formar as palabras do noso idioma. Comprobamos o importantes que son facendo un experimento: borramos as letras dos nosos nomes e así...