lunes, 16 de diciembre de 2013

Videoconferencia con Papá Noel

Hoxe as xirafiñas tivemos a oportunidade, grazas ao Concello de Negreira, de asistir a unha videoconferencia con Papá Noel.

Estabamos todos ilusionadísimos!!!

Alá nos fomos a iso das 12:00 horas da mañá cara ao Auditorio do concello para poder falar con Papá Noel e pedirlle o que máis desexamos para estas datas tan especiais. Chamounos moito a atención o belén que tiñan montado neste local que atopamos polo camiño. Era enorme!!!


Cando chegamos ao Auditorio subimos ata o segundo andar, onde teñen a sá de ordenadores e alí sentamos de dous en dous porque senón non cabiamos todos.


E comezou a videoconferencia e presentámonos a Papá Noel, dicíndolle o que queriamos para este Nadal. As tartarugas ninja tiveron moito éxito!!!

Papá Noel ía apuntando todo nun papel que tiña na man. Agardamos que non se esqueza de nada nin de ninguén, porque ao final non puidemos falar todos con el. Algúns quedamos coas ganas...

Inés e Fátima puideron falar con el e mandarlle biquiños fortes...


Tamén Noa!!! 


Aínda así estivemos todos moi atentos ao que os demais didían, agardando o noso turno:



Aquí vos deixo o vídeo onde Samuel e Martín piden o seu agasallo, e a continuación Papá Noel se despide de todos nós desexándonos unhas boas festas e un moi feliz ano.



No hay comentarios:

Publicar un comentario