domingo, 8 de diciembre de 2013

A meteo

O pasado mes de novembro comezamos a usar o calendario na aula. Xa formaba parte das rutinas da asemblea que teñen lugar a primeira hora da mañá, cando as xirafiñas chegan á aula e se poñen os mandilóns. Pero agora incorporamos o calendario porque é algo que usarán na súa vida de adultos, e que ademais aporta unha serie de posibilidades para traballar con el na educación infantil:

- Traballamos os números.
- Traballamos o tempo atmosférico.
- Traballamos as estimacións.
- Traballamos a estatística.
- Traballamos apreciacións.
- Aprendemos a traballar conxuntamente.
- Aprendemos a chegar a acordos.

E de que xeito facemos todo isto?

Cada mañá, entre todos decidimos o tempo que vai fóra, porque ás veces, en contra do que poida parecer, non é tan fácil decidilo. Unha vez que temos decidido o tempo, facemos o debuxo nun pequeno poster que temos pegado no panel das rutinas, recordando os días da semana e tachando os sábados e os domingos que non estamos na aula para decidir e apuntar o tempo que vai.

Unha vez rematado o mes de novembro, facemos un gráfico (de xeito individual) que reflicta a estatística do tempo mensual. Estas son as nosas opcións, clicade nelas para ver os gráficos das xirafiñas:

1 comentario:

  1. Pois xa teñen pinta de futuros homes/mulleres do tempo. Serán o relevo para a TVG?

    ResponderEliminar