miércoles, 18 de diciembre de 2013

Unha visita moi especial


Coñecedes este libro da Editorial Anaya, titulado Había una vez una semilla?

Forma parte dunha pequena colección que se chama Milagros de la naturaleza. Clicade no enlace de arriba para poder ollar por dentro algunhas das súas páxinas...

Hoxe as xirafiñas tiveron a oportunidade de ver e escoitar este conto da man das alumnas e dos alumnos do IES Xulián Magariños, debido a unha colaboración entre as mestras de 5º de Educación Infantil do CEIP O Coto, o xefe do Departamento de Orientación Xosé Luis Colmeiro do centro, e varios profesores (Pedro e Susana) do instituto e a xefa do Departamento de Orientación, Begoña, colaboración que continuará á volta das vacacións de Nadal e que culminará o 5 de xuño coa celebración do Día Mundial do Medio Ambiente.

Sempre que temos algunha visita ou que as actividades se saen da norma da rutina diaria, quedamos fascinados coa capacidade de ilusionarse das xirafiñas. Se mirades este vídeo no que o alumnado do instituto lles conta o conto ás xirafiñas veredes o interesadas que están:

No hay comentarios:

Publicar un comentario