lunes, 9 de febrero de 2015

COMO FUNCIONAN AS COUSAS?



HOXE AS XIRAFIÑAS LEVARON PARA A CASA O TRABALLO REALIZADO DURANTE O MES DE XANEIRO RELACIONADO COA UNIDADE COMO FUNCIONAN AS COUSAS?. NELA, COMA EN TODAS AS UNIDADES PROGRAMADAS PARA O CURSO ESCOLAR, PERSÉGUENSE UHA SERIE DE OBXECTIVOS, QUE SE TRABALLAN NA AULA CUNHA SERIE DE CONTIDOS REFERIDOS A TRES ÁREAS DE COÑECEMENTO. AQUÍ DEIXAMOS ALGÚNS DELES:

CONTIDOS
ÁREA DE COÑECEMENTO DE SÍ MESMO
- Recoñecemento de enfermidades comúns: síntomas e prevención.
- Valoración da importancia de manter hábitos de coidado da roupa e do material da aula.
ÁREA DE COÑECEMENTO DO CONTORNO
- Interpretación e valoración do uso dos números na sociedade.
- Observación dos cambios climáticos referidos ás distintas estacións do ano.
- Celebración do día da Paz.
ÁREA DE LINGUAXES: COMUNICACIÓN E REPRESENTACIÓN.
- Ampliación do vocabulario referido aos inventos e ás máquinas.
- Lectura de contos, poesías, adiviñas, trabalinguas referidos a esta temática.
- Descrición de obxectos, láminas, escenas e personaxes relacionados co tema da unidade.
- Coidado e valoración dos libros como instrumentos de comunicación e lecer.
- Gusto pola lectura como fonte inesgotable de aventuras.
- Traballo sobre o título da unidade Como funcionan as cousas?
- Recoñecemento de certos inventos e os seus inventores importantes para a historia da Humanidade.
- Saber situalos por orde cronolóxico.
- Utilización de distintas técnicas plásticas: pregado e debuxo con rotuladores.
- Participación e gozo en actividades de dramatización e xogos grupais.
- Interese por utilizar as propias posibilidades expresivas.

 E AQUÍ ALGUNHAS FOTOS DO INTERIOR DOS TRABALLOS REALIZADOS POLAS XIRAFAS, QUE TIVERON MOITA CURIOSIDADE POR APRENDER SOBRE OS DESCUBRIMENTOS E SOBRE OS INVENTORES, SOBRE PARA QUÉ SERVEN AS COUSAS, ONDE SE INVENTARON, QUÉN E CÁNDO. 



MOITAS GRAZAS A VÓS TAMÉN, AS FAMILIAS, POR PARTICIPAR NO LIBRO DOS INVENTOS, CO QUE AÍNDA NON ACABAMOS DE TRABALLAR!!!

QUEDAMOS COS ORIXINAIS, ASÍ QUE ESTADE ATENTOS... 

No hay comentarios:

Publicar un comentario