domingo, 5 de octubre de 2014

Recibimos unha nota...

Esta semana recibimos unha nota que viña firmada por Lorena, a mamá de Zaira, na que se nos suxerían distintos xogos para os próximos días. Agora vos contamos!!!
E a nota acompañaba a esta bolsa que viña chea de castañas pequeniñas. 
Despois de falar das distintas posibilidades que ofrecían as castañas, empezamos por un xogo matemático na zona da asemblea. Escribimos os números do 1 ao 10 con xiz e as participantes tiñan que colocar TANTAS COMO indicaba o número.
Aquí están as xirafiñas que quixeron  participar no xogo preparadas para empezar a grabar o vídeo que vos presentamos a continuación:
Esperamos que nos vindeiros días vaian xurdindo máis xogos coas castañas. 
Xa vos iremos contando!

2 comentarios:

  1. Me alegro de que a las jirafas les gustasen las castañas! El vídeo está súper simpático. Bicos

    ResponderEliminar
  2. Encántame o vídeo... pero qué ben o pasades!

    ResponderEliminar