lunes, 20 de octubre de 2014

O cesto do outono crece grazas a vós

Apreciades as diferenzas no noso cesto de outono? 

E todo grazas a vós!

Hoxe luns no momento de asemblea todos tiñamos moitas cousas que contar, e algunhas notas que ler... Empezamos pola nota de Zaira, que viña toda cargada:

 
E así empezou a nosa aventura, que foi tal cual como se todas as xirafiñas tiveramos feito a mesma ruta polo bosque con Lorena, a avoa Loly e a bisa Mercedes.

Primeiro.- Lemos a nota en voz alta.


 Segundo.- Manipulamos e ensinamos a todas e todos as setas que había na caixa que trouxo Zaira, para o que puxemos unhas luvas. Toda precaución é pouca!


Terceiro.- Seguimos ensinando máis produtos de outono: azafrán. Tiñan un encargo ao chegar á casa: preguntáronvos por el? Xa nos contaredes...


Cuarto.- Unha que nos gustou especialmente: unha minipiña!!!! Como xa tiñamos unha grande no cesto, agora temos unha grande e unha pequena, unha boa maneira de traballar os tamaños con cousas divertidas.


Quinto.- Unha espiga.


E sexto.- Mostra fotográfica de todas as aportacións de Zaira e a súa familia ao noso cesto de outono.


Despois foi o turno de Hugo, que tamén colaborou aportando un montón de produtos ao cesto. Mirade!

Trouxo tamén, ao igual que Zaira, millo, pero Hugo trouxo unha mazaroca con folla verde e unha mazaroca pelada sen follas para ver os grans.


Hugo contounos tamén que a súa avoa ten na horta árbores froiteiras e que colleu alí mazás...

 ...e peros.


Grazas, avoa de Hugo, pola súa aportación ao noso cesto de outono!

 E, por último, Mario tamén aportou diversos produtos ao noso cesto de outono, produtos dos que nos falaba Natalia, a súa nai, nesta nota:


Nota que lle lemos ás demais xirafiñas en alto para que soubesen o que poñía, e ademais Mario nos explicou que fora de paseo coa súa nai ao monte, pero que non se atopara con Zaira.


Como podedes ler, Mario aportou millo, ao igual que Zaira e Hugo. Aquí os tedes aos tres:



Pero tamén aportou unhas setas, que nos deron moito xogo para buscar similitudes e diferenzas coas que trouxera Zaira.


Ao principio non nos parecía ningunha igual, pero despois de lavar a pequena redondiña que ten Zaira na man... Que opinades vós?


Na bolsa de Mario tamén había melón, pero o melón que pertence á familia da cabaciña...


...e mel, que é ese boteciño que ten a profe na man.

Estamos a aprender moitas cousas sobre o outono: os seus produtos, o tempo que vai, a roupa que debemos usar, as súas cores,...

Moitas grazas pola vosa colaboración!

No hay comentarios:

Publicar un comentario