viernes, 14 de febrero de 2014

Ramón Chaparrón

Tantos de choiva unidos ás novas aportacións a biblioteca de aula grazas á colaboración das familias na Aula das Xirafas, fixo que nestes días de choiva, vento e frío caera nas nosas mans un libro que nos veu moito ao caso para describir o que está suceder en Negreira nestas últimas semanas de xaneiro e febreiro.

O libro do que estamos a falar é Sí, somos raros que trouxo Alicia para poder disfrutar del semana tras semana:

 

Este libro fálanos de catro personaxes moi especiais, e das vantaxes e desvantaxes que supón ser como son eles. Interesounos especialmente Ramón Chaparrón, un amigo moi interesante ao que acompaña todos e cada un dos minutos desde que naceu unha pequena nube que lle chove enriba da cabeza. Vai ao médico, fanlle radiografías e máis probas e probas, ata que Ramón dá coa solución: UN PARAUGAS!!!

É unha breve historia moi divertida, que nos recordou a alguén que anda por aquí cerca: este Ramón Chaparrón parece cada unha das galegas e dos galegos de Galicia estas últimas semanas. Parece que nos persegue unha nube!!!

Entón decidimos poñernos mans á obra e este foi o procedemento para tal cousa. O primeiro que fixemos foi pintar as nubes, que tiñan unha parte de adiante e unha parte de atrás:

 
Pero as nosas nubes deberían parecer "mulliditas" e cheas de auga para seguir caendo día tras día en Galicia, para o cal collemos as tesoiras e recortamos tiras de papeis para meter dentro das nosas nubes e que quedaran abonbadas:


Unha vez que recortamos moitas tiras metémolas dentro das nubes, ata que quedaron cheas de papeis. Logo a profe foi a pola escaleira e colgou as nubes do teito, e este é o resultado final:

Agora todos parecemos Ramón Chaparrón!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario