lunes, 27 de enero de 2014

Coñecedes a Casimiro, o elefante?

Nos pasados días, e durante todo o que resta de trimestre, estivemos traballando co CD libro Cartas que veñen e van, da Editorial primerapersona. Cartas que veñen e van é un orixinal proxecto educativo que, coa mestura de música, ritmo, expresión corporal, inicia aos cativos no pracer de descubrir outros modos de expresión a través da literatura das cartas, os xogos dramáticos e os xogos de palabras.



Grazas a este  proxecto educativo coñecemos a figura de Casimiro. Lede cal é a súa historia:

CASIMIRO O ELEFANTE
SEMPRE ESTÁ DE BO HUMOR,
E DSIFRUTA PASEANDO
PARA SENTIRSE MELLOR.

CANDO XOGA NO ESTANQUE
CO SEU AMIGO NICANOR,
XOGAN NA AUGA TODO O TEMPO
E NON SENTEN A CALOR.

CAMIÑANDO NA SABANA
ANTES DE IR MERENDAR,
AS IRMÁS POSTAS EN FILA
VAN CANTANDO O SEU CANTAR.

E CANDO SE XUNTAN TODOS
PARA FACERSE NOTAR,
VAN MOVENDO AS ORELLAS
CARA ADIANTE E CARA A ATRÁS.

CANDO EN ÁFRICA É DE NOITE
BAIXO A LÚA E AS ESTRELAS,
CASIMIRO XA SE DEITA
VAI SOÑAR CON TODAS ELAS.

E este que tedes aquí é Casimiro:






















 


No hay comentarios:

Publicar un comentario