lunes, 27 de enero de 2014

30 de xaneiro, Día Escolar pola Paz e a Nonviolencia.

O próximo 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar pola Paz e a Nonviolencia en todos os centros educativos, no 66 Aniversario da morte de Mahatma Gandhi, unha personalidade aínda moi descoñecida para a maioría da poboación occidental, particularmente, as bases fundamentais do seu pensamento e da súa vida política e persoal.

http://www.sgep.org/   
Así, na nosa escola están organizadas unha serie de actividades que iremos compartindo con todos vós de maneira paulatina ao longo da semana ata culminar o propio 30 de xaneiro nun acto simbólico de todo o alumnado de 5º de Educación Infantil.

A primeira destas actividades, organizada polo Equipo de Biblioteca, consiste en fomentar o uso de palabras relacionadas coa Paz e encher o colexio delas formando una enorme cadea que nos recordarán a importancia deste termo tan abstracto pero que  aglutina tantas actitudes e sentimentos.

A aula das xirafiñas participamos nesta cadea para lembrar a importancia da paz un día máis. Estas foron as nosas aportacións á cadea global:







No hay comentarios:

Publicar un comentario