miércoles, 13 de noviembre de 2013

Por fin. o magosto!!!

Esta semana o tempo deunos unha tregua grazas ao veraniño de San Martiño e o pasado luns día 11 de novembro puidemos celebrar o magosto conxuntamente todo o alumnado de Edcación Infantil, as súas familias e os mestres.

Primeiro comemos castañas... Seguro que adiviñastes cómo fixemos o noso castañero: cunha botela de plástico cortada,  moito papel de periódico e moita moita paciencia. Paciencia qe nos fixo boa falta para encher toda a botella cos papeis, que se nos pegaban aos dedos e se despegaban dando moita guerra.

Pero puidemos encher os nosos castañeiros con castañas porque o conserxe José  e o orientador Xosé Luis estiveron toda a mañá asando castañas. Por certo, estaban boísimas!!!


E logo de comer castañas, xogamos a xogos que organizou o Equipo de Actividades Extraescolares E Complementarias. O alumnado de 4 anos xogamos ao comecastañas,  ao rabo do lobo e aos zancos. Foi moi divertido e pasámolo moi ben. Ata o próximo ano, magosto!!!








 

1 comentario: