Coñecedes este conto...?
Un bo día, Max desobedece á súa nai que o castiga na súa habitación. Pero isto resulta fascinante porque emprende unha viaxe fascinante cara o país onde viven os monstros.
Logo de ler o conto, xurdiu un xogo na aula: fitarnos aos ollos pero SEN PESTAÑEXAR!! Igual que Max fitou aos ollos aos monstros aos que se atopou no País dos monstros...
Probamos todos e a batalla final foi entre Zaira e Uxía, que foron as que máis aguantaron a mirada. A gañadora da batalla final foi Zaira, á que nomeamos Raíña dos monstros de 4 anos A.
Mirade o vídeo...
e comprobade cómo celebran a proclamación os monstros!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario