lunes, 31 de marzo de 2014

Seguimos traballando os oficios

Como ben sabedes, este mes de marzo está adicado ao centro de interese dos oficios e por mor disto seguimos disfrutando das visitas das familias.

A semana pasada foi moi produtivo neste tema, xa que contamos con varias persoas que nos falaron do qué facían, cómo o facían e con qué o facían. Así, o pasado mércores recibimos a visita de Silvia, a mamá de Ainara, que é auxiliar de enfermaría. Púxonos ao día dos instrumentos médicos (algúns deles!!!) cos que diariamente traballa.

  

Tamén contamos coa visita dunha fotógrafa profesional: Natalia, a nai de Mario.  A profesión de Natalia non saíu da nada, ela herdou a paixón pola fotografía e forma parte da 3ª xeración familiar de fotógrafos, polo que a colección de cámaras fotográficas que presentou ten dobre valor: ademais do valor histórico e artístico , está vencellada ao valor sentimental de toda unha vida dedicada e ligada á fotografía. 


Ese mesmo día recibimos a visita da nai de inés Hombre, que traballa nunha escola de educación infantil como educadora. Xurdiron un montón de diferenzas entre o que se fai nunha escola infantil e o que fan as profes do "cole de maiores"; pero hai que dicir que xurdiron moitas máis coincidencias: contan contos, fan traballiños na mesa, cantan cancións,...

Pero as visitas aínda non remataron por esta semana, e o venres, a modo de peche de unidade, veunes ver Fran, o pai de Alicia que é garda civil de tráfico. Fran non veu só, senón que veu acompañado por dous compañeiros seus, e ademais trouxeron ao cole un coche do radar e un nissan Patrol. En ambos os dous vehículos as xirafiñas tiveron a oportunidade de subir e premer todos os botóns das bucinas e das luces.


Non queriamos rematar esta unidade sen que as xirafiñas coñeceran os oficios do cole, e pedímoslle axuda ao Señor José, o conserxe para que lles explicara aos cativos en qué consiste o seu traballo. 

  

Podemos dar por rematada este centro de interese, pero non sen antes agradecer de todo corazón a participación de todos os que viñestes por aquí, que nos adicastes o voso tempo, e a todos os que sabemos que teriades vido (porque tiñades moitas ganas!!!) pero que os horarios laborais non volo permitiu.

Grazas!!!


2 comentarios:

  1. Grazas a vos por invitarnos e poder compartir un día na clase dos pequenos, foi moi divertido.

    ResponderEliminar
  2. Grazas a todos polos vosos comentarios ao longo destas semanas. Non sabedes o que se agredecen!!! Unha vez máis, grazas.

    ResponderEliminar